OS TÉCNICOS DESACONSELLAN O TRASLADO DA FACTORÍA ROMANA

27 de xaneiro de 2005/ Os técnicos decántanse pola conservación in situ , anque aínda non hai ningún plano oficial ó respecto, entre outras razóns, porque o departamento provincial de Patrimonio aínda non concluíu o informe arqueolóxico valorativo do xacemento.

Nova extraída de:

 

VIALMAR DI QUE ASUMIRÁ OS GASTOS DO TRASLADO DA FACTORÍA ROMANA

26 de xaneiro de 2005/ Promociones Inmobiliarias Vialmar, empresa propietaria do solar de Marqués de Valladares onde se atopou unha fábrica de época romana, está disposta a asumi-los gastos do traslado de todo o xacemento ó lugar que a administración pública considere máis oportuno. A inmobiliaria amosou a súa mellor predisposición para colaborar coa administración pública e atopar así a mellor solución para todos.

Nova extraída de:

UNHA FÁBRICA ROMANA CORRE PERIGO DE SER DESTRUIDA PARA CONSTRUIR UN GARAXE

25 de xaneiro de 2005/ A factoría tería, como mínimo, cinco pías de salgadura con capacidade para 18 toneladas de peixe cada unha delas, o que da a entender que se estaba exportando peixe salgado cara outras zonas do Imperio.

 

O propietario do solar xa ten a licencia de construcción e en calquera momento podería executala co conseguinte descalabro para o patrimonio histórico vigués.

Nova extraída de:

A SATURACIÓN DO MUSEO PROVINCIAL DE LUGO IMPIDE A ALMACENAXE DE MÁIS RESTOS ARQUEOLÓXICOS.

24 de xaneiro de 2005/ Francisco Cacharro Pardo, presidente da Deputación, organismo do que depende o Museo cualifica de “gravísimos” os problemas de almacenaxe e clasificación que existen na actualidade e asegura que precisa de forma urxente unha solución.

 

Asemade, critica que o Concello teña almacenados no antigo cárcere restos arqueolóxicos que non debería custodiar, segundo a Lei e que, na súa opinión, teñen suficiente valor como para seren expostos.

Nova extraída de:

OPERARIOS DE VÍAS E OBRAS CAUSAN DANOS SOBRE OS RESTOS ROMANOS DA PRAIA DE ALCABRE (VIGO).

 

16 de xaneiro de 2005/ A intervención dunha brigada municipal causou danos que se consideran irreparables nunha parte do xacemento romano existente na praia do Cocho, en Alcabre.

Persoal con maquinaria do Parque Móbil do Concello e un camión procederon durante a mañá do sábado á retirada de pedras que puideran afectar ó paso dos usuarios da praia, depositándoas nos almacéns municipais de Lavadores.

Os traballos comezaron pola parte da praia máis próxima ó Museo do Mar e foron interrompidos en canto se lles comunicou que estaban afectando a un xacemento romano, escavado en 1989, levantándose xa nesa ocasión a planimetría correspondente.

Pouco despois interveu una dotación da Policía Local que levantou un atestado do sucedido.

Nova extraída de:

PATRIMONIO PRETENDE DESBLOQUEA-LO PROXECTO DO MUSEO DA VILLA DE TORALLA

11 de xaneiro de 2005/ Un millón setecentos mil euros é a cantidade necesaria para completa-lo proxecto de realización dun museo e unha área interpretativa na antigua finca da familia Mirambell. Este proxecto naceu no ano 2002, tra-la sinatura dun convenio de colaboración entre o Concello de Vigo e a Universidade de Vigo. Aquel convenio só puido ser cumplido nas súas dúas primeiras partes, é dicir, a escavación arqueolóxica e a redacción do proxecto arquitectónico realizado polos arquitectos Salvador Fraga, Javier García-Quijada e Manuel Portolés.

A falla de acordo entre os grupos municipais para a elaboración duns presupostos o pasado ano, impediron que o proxecto de musealización seguira o seu curso. Agora, ante a inminente aprobación dos presupostos deste ano, no pleno do próximo venres, a concellería de Patrimonio, que ven de ver reducida a súa dotación económica, incluiu o proxecto de Toralla e un plano de rehabilitación de fachadas de edificios históricos.

Nova extraída de:

                                                                               

 

CARTAXENA CONTARÁ NO 2007 CUNHA NOVA SEDE DO MUSEO NACIONAL DE ARQUEOLOXÍA SUBMARINA

Arqueología Cartagena

11 de xaneiro de 2005/ O director xeral de Belas Artes do Ministerio de Cultura, Julián Martínez, ven de anunciar en Cartaxena a apertura en 2007 da nova sede do Museo Nacional de Arqueoloxía Submarina no porto.

Este responsable do Ministerio de Cultura indicou que a intención do seu departamento é que este proxecto non volva a ter paróns e que as portas do novo museo nacional se poidan abrir dentro de dous anos.

Máis información:

A PARALIZACIÓN DOS PAGOS DO CONCELLO DE VIGO AFECTA Ó PROXECTO DA VILLA ROMANA DE TORALLA

12 de outubro de 2004/ O Concello ten paralizados todos os pagos a favor da Universidade de Vigo ata que esta non aboe a débeda que mantén coa administración municipal desde o ano 2001 e que ascende a case 240.000 euros, uns corenta millóns de pesetas.

Esta paralización de pagos afecta, entre outras, ás cantidades que o Concello debía de aportar no convenio firmado coa Universidade para a actuación arqueolóxica na finca Mirambell e que derivou na suspensión dos traballos desde fai aproximadamente ano e medio.

Nova extraída de:

                                                                               

O MUSEO PROVINCIAL DE LUGO LEVA A CABO UN CAMPAMENTO DE ARQUEOLOXÍA PARA NENOS DURANTE OS MESES DE XULLO E AGOSTO.

30 de xullo de 2004/ Os participantes escavan nunha estructura de 17 metros cadrados construída nos xardíns das traseiras do edificio e que representa o que sería unha casa ou domus romana. Os nenos, divididos en 5 grupos, encárganse de cada unha das habitacións recostruídas.

Máis información:

DESTROZOS NO XACEMENTO DE CASTROMAO.

24 de xullo de 2004/ Varias pezas de cerámica en proceso de escavación destruídas e desperfectos nas catas foi o balance co que se saldou o paso duns vándalos polo xacemento arqueolóxico de Castromao. Segundo o director das escavacións, Luís Orero Grandal, os feitos tiveron lugar na madrugada do xoves 23 e afectaron á área de traballo dos alumn@s do campo de traballo así como a caseta de obras do mesmo.

Máis información:

A TITULARIDADE DO CASTELO DE MONTERREI RETRASA O PLANO DE RESTAURACIÓN INTEGRAL DA FORTALEZA.

21 de xuño de 2004/A propiedade do castelo de Monterrei, en mans do Ministerio de Facenda desde fai anos, supón unha traba para a resturación integral ou calquera obra de reforma no conxunto monumental.

Máis información:

UNHA EMPRESA CATALANA EXECUTARÁ O PROXECTO DE DOMBATE

20 de xuño de 2004/ O proxecto de rehabilitación do dolmen de Dombate impulsado pola Deputación da Coruña incluirá a construción dun edificio acristalado para conservar o monumento e convertelo nun punto de referencia turística da Costa da Morte.

Así o afirmaron onte parte dos membros do xurado que presentaron na sede do organismo provincial a proposta da empresa catalá Playmedia Motiongraphics, gañadora do concurso de ideas convocado pola Deputación e premiada con 42.000 euros.

Máis información:

O COMITÉ CIENTÍFICO QUE DIRIXIRÁ A CONVERSIÓN DO CASTRO DE SAN CIBRAO DE LAS NO FUTURO PARQUE DA REDE ARQUEOLÓXICA DE GALICIA COMEZOU ESTA FIN DE SEMANA AS SÚAS XUNTANZAS.

7 de xuño de 2004 / Para o vindeiro ano está previsto que quede Rematado o centro de interpretación do lugar, desde o que se coordinarán as intervencións noutros dez castros distribuídos por toda a xeografía. Ademais, o castro acollerá un museo especializado nesta época histórica. Por outra banda, no castro de Alobre, en Vilagarcía, apareceron 13.500 pezas de cerámica onda varios útiles de bronce e de ferro. O Concello arousán anunciou esta fin de semana a futura creación dun centro museo ao aire libre do que se considera o núcleo fundacional da vila.

Máis información:

COMEZA A SEGUNDA FASE DE ESCAVACIÓNS NO MONTE DO FACHO

29 de abril de 2004 / Comezaron xa as labores de limpeza previas á escavación do santuario adicado ó deus Berobreo no Facho, en Cangas. Arqueólogos e expertos alemáns e galegos traballarán no xacemento durante un par de meses a partir do próximo día 3 de maio.

Nova extraída de:


SAI A CONCURSO A RECUPERACIÓN E XESTIÓN DE DOMBATE

26 de abril de 2004 / A Deputación coruñesa convocará un certame de proxectos de conservación. Os anteproxectos que se presenten teñen como base o plano director, un documento ó que Cultura deu o seu visto bo, con reticencias, fai case catro anos e que recolle a construcción dun centro de interpretación cun área de xogos infantís.

Nova extraída de:

O LAUV PODERÍA ENCARGARSE DA ANÁLISE DO FUSTE ATOPADO EN ALCABRE

20 de abril de 2004 / Os responsables de Patrimonio Histórico do Concello de Vigo están a baralla-la posibilidade de que o fuste de columna atopado recentemente na praia do Fiunchal, así como unha nova peza trapezoidal aparecida nas proximidades do anterior achádego, sexan estudiados dende o Laboratorio de Arqueoloxía da Universidade de Vigo polo responsable das tarefas de investigación na Finca Vilamar-Mirambell para cotexa-las probabilidades de que os achados procedan en realidade do recheo de Bouzas.

Nova extraída de:

 

ATOPAN EN VIGO DOUS POZOS QUE ABASTECERÍAN DE AUGA POTABLE UNHA FÁBRICA DE SALGADURA

 

20 de abril de 2004/ Un novo achado arqueolóxico reforza as teorías que sinalan a Vigo como un dos enclaves industriais costeiros máis importantes durante a época romana no noroeste peninsular. O equipo da empresa de estudios arqueolóxicos Anta de Moura descubriu, nun solar da rúa Marqués de Valladares, un complicado sistema de captación de auga doce que abastecía a unha fábrica de salgadura. «Desmontamos uns pozos de auga de época romana, que formaban parte dunha factoría de salgadura, a auga doce é necesaria nese proceso para a limpeza do peixe», explica o arqueólogo Xosé Carlos Castro.

Nova extraída de:

APROBADA A INTERVENCIÓN ARQUITECTÓNICA E DE CONSERVACIÓN SOBRE O XACEMENTO DE VILLA ROMANA DE TORALLA

 

12 de abril de 2004./ A Xunta de Goberno Local acordou aprobar o proxecto de musealización da villa romana de Toralla na primeira fase de intervención arquitectónica e de conservación e restauración sobre o xacemento, redactado polo arqueólogo da Universidade de Vigo , Fermín Pérez Losada.

 

O proxecto describe as accións de restauración, rehabilitación e reconstrucción das ruínas da villa romana necesarias para a súa correcta conservación, contemplación e interpretación por parte del público. Incorporase tamén no seu contido técnico e económico ó proxecto arquitectónico das obras de musealización da villa redactado polos arquitectos Salvador Fraga, Manuel Portolés e Javier García Quijada .

Máis información:

 

ACHADA UNHA COLUMNA DE MÁIS DE DOUS METROS QUE PERTENCERÍA Á FACTORÍA DE SALGADURA.

Luís Carlos Llera

7 de abril de 2004./ O responsable do Patrimonio Histórico Municipal, Rafael Ojea, dirixiu onte a extracción que se fixo na auga aproveitando la baixamar. A columna foi enganchada cun arnés a unha pala escavadora e trasladada a un depósito municipal para a súa limpeza antes de ser trasladada ó Museo do Mar, onde formará parte da colección permanente.

Ojea sinalou que a columna mide 2,18 metros de altura e que só por unha parte ten deseños de cazoletas e liñas oblicuas.

O ano pasado rescatouse un elemento constructivo similar, de 2,20 metros de altura por 60 centímetros de diámetro. En ámbolos casos pénsase que a altura orixinal podería ser maior. O Concello ven de informar dos achados á Xunta de Galicia.

Nova extraída de:

PRETO DE UN CENTO DE ALUMNOS PARTICIPARON NAS XORNADAS SOBRE ARQUEOLOXÍA QUE ORGANIZOU A FACULTADE DE HISTORIA NO PAZO-MUSEO OTERO PEDRAYO

Toda a información en:

APARECEN RESTOS ROMANOS BAIXO A RÚA JUAN RAMÓN JIMÉNEZ, DETRÁS DE CASA MAR

Javier Mosquera

25 de marzo de 2004 ./ A Xerencia de Urbanismo ven de dar vía libra á realización dunha escavación arqueolóxica antes e durante as obras de urbanización de la rúa Juan Ramón Jiménez, unha transversal a Marqués de Valterra, próxima á avenida de Beiramar.

Os traballos que se desenvolverán durante 35 días naturais, foron adxudicados a "Anta de Moura", única oferta presentada e que "mellorou sensiblemente o especificado como máximo, tanto en prazos como en prezo, en los pregos de condicións", segundo o informe elaborado polos técnicos municipais.

A necesidade de realizar esta intervención arqueolóxica ven determinada pola aparición de restos romanos, esencialmente cerámica e restos dalgunha construcción, durante la realización dunhas obras na zona, o que levou a adopta-las medidas que prevé a actual lexislación.

De calquera xeito, algúns especialistas estiman que é moi posible que o xacemento máis importante desa zona se localice nun solar próximo á rúa que se vai a urbanizar.

Nova extraída de:

ATOPAN EN LUGO RESTOS DUNHA CASA ROMANA DESTINADA A USO COMERCIAL

 

18 de marzo de 2004 ./ Os arqueólogos que realizan as prospeccións na rúa Doutor Castro en Lugo acaba de atopar unha casa destinada a uso comercial na época romana. Esa é a suposición principal que barallan ao atopar unha pileta, que pensan que serviu como cubeta dalgún establecemento comercial. Continúa así a recompilación da información sobre o edificio romano que espertou grande interese debido a importancia dos mosaicos que se descubriran nunha cata anterior.

UN INMENSO PATRIMONIO ARQUEOLÓXICO MERGULLADO QUEDA SEN INVESTIGAR POLA AUSENCIA DE INICIATIVAS PÚBLICAS.

 

10 de marzo de 2004 ./ É ben sabido que en Galicia temos restos arqueolóxicos case embaixo de cada leira. Nos últimos tempos vemos constantemente anuncios de postas en valor, conservación e difusión dese patrimonio. Pero non todos os restos reciben o mesmo tratamento. Existe todo un tipo de restos que están sen estudiar e sen catalogar e que non contan con planes para súa recuperación a curto prazo. Trátase do patrimonio que se encontra mergullado baixo o mar.

COMEZA A INSTALACIÓN DO RESTAURADO CORO DA CATEDRAL EN SAN MARTIÑO PINARIO.


3 de marzo de 2004. / Despois dun ano de intensos traballos de restauración, o coro de madeira da catedral de Santiago comezou xa a instalarse na igrexa compostelá de San Martiño Pinario, que se agarda sexa o seu destino definitivo. Está previsto que a recuperación desta obra, froito dun acordo entre o cabido da catedral e Caixa Galicia, estea rematada para o vindeiro vintecatro de xullo.


A UNIVERSIDADE DO MINHO E A DE SANTIAGO RECUPERAN A VÍA NOVA, ÚNICA EN EUROPA.


3 de marzo de 2004. / A Vía Nova XVIII que transcorre entre Braga e Astorga recuperará parte do esplendor que tiña en tempos dos romanos grazas ao traballo conxunto da Universidade do Minho e a de Santiago. Este camiño é dunha grande importancia, xa que conta coa maior concentración de miliarios con inscricións latina de toda Europa, con máis de douscentos destes elementos de sinalización. Agárdase que para o vindeiro mes de xuño estean abertos os primeiros percorridos.


Máis información: